
E…por fin, temos equipo gañador da 2ª edición do FOLPLAY!!!
Parabéns ao Ciclo Superior de Asistencia á Dirección que, nunha emocionante final, acadou a 1ª posición. Felicitar igualmente aos equipos finalistas así como a todos os equipos participantes polo grao de implicación na actividade. Agradecer tamén a todo o profesorado as facilidades dadas para a súa organización. Vémonos na próxima edición!