arriba
 

 
PortadaseparatorAdministración e xestiónseparatorCiclo superior de Administración e Finanzas (distancia)


Ciclo superior de Administración e Finanzas (distancia)

Duración: 2000 horas

Saídas profesionais

Ao rematar o ciclo poderás  traballar por conta propia ou allea, en empresas grandes, medianas ou pequenas e en calquera sector de actividade. Desempeñarás tarefas administrativas na xestión e no asesoramento nas áreas laboral, comercial, contable e fiscal desas empresas e institucións, ofrecéndolles un servizo e atención á clientela e á cidadanía, realizando trámites administrativos coas administracións públicas e xestionando o arquivo e as comunicacións da empresa. Poderás, asemade, traballar por conta propia, efectuando a xestión da túa propia empresa, ou a través do exercicio libre dunha actividade económica, como nunha asesoría financeira ou laboral, estudos de proxectos, etc As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Administrativo/a de oficina.
  • Administrativo/a comercial.
  • Administrativo/a financeiro/a.
  • Administrativo/a contable.
  • Administrativo/a de loxística.
  • Administrativo/a de banca e de seguros.
  • Administrativo/a de recursos humanos.
  • Administrativo/a da Administración pública.
  • Administrativo/a de asesorías xurídicas, contables, laborais e fiscais, ou xestorías.
  • Técnico/a en xestión de cobramentos.
  • Responsable de atención á clientela.

Acceso a outros estudos

  • O título de técnico superior en administración e finanzas permite o acceso directo para cursar calquera outro ciclo formativo de grao superior, nas condicións de acceso que se establezan.
  • Este título permite o acceso directo ás ensinanzas conducentes aos títulos universitarios de grao nas condicións de admisión que se establezan.
  • Para os efectos de facilitar o réxime de validacións entre este título e as ensinanzas universitarias de grao, asígnanse 120 créditos ECTS distribuídos entre os módulos profesionais deste ciclo formativo.

Módulos profesionais de primeiro ano

Módulos ProfesionaisHoras
Inlés 160
Xestión da documentación xurídica e empresarial 80
Ofimática e proceso da información 240
Proceso integral da actividade comercial 133
Comunicación e atención á clientela 160
Recursos Humanos e Responsabilidade Social Corporativa  80
Formación e orientación laboral 107

Módulos profesionais de segundo ano

Módulos ProfesionaisHoras
Xestión de recursos humanos 105
Xestión financeira 123
Contabilidade e fiscalidade 157
Xestión loxística e comercial 105
Simulación empresarial 140

Os módulos profesionais de Proxecto de administración e finanzas (26 h) e Formación en centros de traballo (384 h.) poderán ser cursados, previa matrícula, unha vez superados todos os módulos de formación no centro educativo, recollidos nas táboas anteriores.

Aspectos á ter en conta para a matrícula

Debido ás particularidades desta modalidade de estudos é importante ter en conta algúns aspectos á hora de realizar a matrícula dos módulos profesionais:

  • A estimación do mínimo de adicación semanal necesaria é de 4 horas para un módulo cunha duración de 100 horas.
  • Lembre que matricularse de máis módulos dos que pode atender:

1) Supón unha carga excesiva de traballo que lle pode levar ao abandono de todos os módulos. 2) Aínda que abandone soamente algúns, consume convocatorias (só ten 4 por módulo). 3) As prazas son limitadas. Se se matricula de todos os módulos e despois abandona algún ou todos, está perxudicando, ademais de  a vostede mesma/o, a outras persoas solicitantes que quedaron sen praza.

Horario

As titorías e as probas presenciais desenvólvense no edificio A (Luis Trabazos, 1), de 16:00 horas a 22:30 horas, segundo os horarios que serán publicados para cada módulo profesional.

Máis información

Currículo do ciclo formativo correspondente ao título de técnico superior en administración e finanzas 

Formación en centros de traballo