Ciclo superior de integración social (distancia)
Duración
2000 horas
Saídas profesionais
• Técnico/a de programas de prevención e inserción social
• Educador/ora de equipos residenciais de diverso tipo
• Educador/ora de persoas con discapacidade
• Traballador/ora familiar
• Educador/ora de educación familiar
• Auxiliar de tutela
• Monitor/ora de centros abertos
• Técnico/a de integración social
• Especialista de apoio educativo
• Educador/ora de educación especial
• Técnico/a educador/a
• Técnico/a especialista I (de integración social)
• Técnico/a especialista II (educativo)
• Monitor/ora de persoas con discapacidade
• Técnico/a de mobilidade básica
• Técnico/a de inserción ocupacional
• Mediador/ora ocupacional e/ou laboral
• Dinamizador/ora ocupacional e/ou laboral
• Educador/ora de base
• Mediador/ora comunitario/a
• Mediador/ora intercultural
• Mediador/ora veciñal e comunitario/a
• Preparador/ora laboral
• Técnico/a de emprego con apoio
• Técnico/a de acompañamento laboral
• Monitor/ora de rehabilitación psicosocial.
Acceso a outros estudos
Calquera ensinanza universitaria de grao. Se o título universitario tivese limitación de prazas o acceso farase tendo en conta a nota media do ciclo formativo.
Módulos profesionais de primeiro ano
Contexto da intervención social: 133 horas
Atención ás unidades de convivencia: 161 horas
Promoción da autonomía persoal: 213 horas
Inserción sociolaboral: 213 horas
Metodoloxía da intervención social: 133 horas
Formación e orientación laboral: 107 horas
Módulos profesionais de segundo ano
Apoio á intervención educativa: 123 horas
Empresa e iniciativa emprendedora: 53 horas
Habilidades sociais: 123 horas
Mediación comunitaria: 139 horas
Primeiros auxilios: 53 horas
Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación: 139 horas
Proxecto de integración social: 26 horas
Formación en centros de traballo: 384 horas
Aspectos á ter en conta para a matrícula
Debido ás particularidades desta modalidade de estudos é importante ter en conta algúns aspectos á hora de realizar a matrícula dos módulos profesionais:
A estimación do mínimo de adicación semanal necesaria é de 4 horas para un módulo cunha duración de 100 horas.
Lembre que matricularse de máis módulos dos que pode atender:
1) Supón unha carga excesiva de traballo que lle pode levar ao abandono de todos os módulos. 2) Aínda que abandone soamente algúns, consume convocatorias (só ten 4 por módulo). 3) As prazas son limitadas. Se se matricula de todos os módulos e despois abandona algún ou todos, está perxudicando, ademais de a a vostede mesma, a outras persoas solicitantes que quedaron sen praza.
Horario:
As titorías e as probas presenciais desenvólvense no edificio B (Praza Fernando Fulgosio), de 16:00 horas a 22:30 horas, segundo os horarios que serán publicados para cada módulos profesional. As actividades lectivas desenvólvense no edificio B (Praza Fernando Fulgosio).
Máis información
Currículo do ciclo formativo de grado superior correspondente ao título de técnico superior en Integración Social
Formación en centros de traballo