arriba
 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorO noso centro traballa xunto coa Asociación de Autoescolas de Ourens...


Luns, 19-Decembro-2022
O noso centro traballa xunto coa Asociación de Autoescolas de Ourense para impulsar a implantación, na cidade, do ciclo formativo de Técnico Superior en Formación para a Mobilidade Segura e Sostible - Foto

O noso centro traballa xunto coa Asociación de Autoescolas de Ourense para impulsar a implantación, na cidade, do ciclo formativo de Técnico Superior en Formación para a Mobilidade Segura e Sostible

A dirección do CIFP Portovello, encabezada por Abel Ocampo Sánchez, reuniuse, o pasado sábado, coa Asociación de Autoescolas de Ourense, nun encontro no que tamén estivo o xefe provincial de Tráfico, David Llorente.

A xornada de traballo tivo como finalidade informar ás empresas asociadas da intención de poñer en marcha, en Ourense, o Ciclo Superior en formación para a mobilidade segura e sostible, que capacita para ser profesor/a de formación viaria, director/a de escolas particulares de condutores, formador/a de cursos de sensibilización e reeducación viaria, formador/a de mercadorías perigosas, profesor/a especialista do CAP ou asesor/a en plans de mobilidade.

Abel Ocampo Sánchez, director do CIFP Portovello, o centro que incluirá na súa oferta formativa o novo título, explicou aos asistentes as características da modalidade dual, na que se desenvolverá o ciclo.

Pola súa banda, Luis Novoa, presidente da Asociación Provincial de Autoescolas de Ourense resaltan que esta titulación “é o futuro da formación viaria, una FP necesaria para exercer nos nosos centros de formación” e destaca que a importancia de acadar a implantación en Ourense desta FP, “que serviría para formar profesores e formadores de seguridade viaria para toda a comunidade autónoma”.

As entidades implicadas continuarán, nos vindeiros meses, na implementación, previsiblemente para o próximo curso, da nova titulación en modalidade dual, que será, polo momento, única en toda Galicia.


O noso centro traballa xunto coa Asociación de Autoescolas de Ourense para impulsar a implantación, na cidade, do ciclo formativo de Técnico Superior en Formación para a Mobilidade Segura e Sostible - Foto 2
O noso centro traballa xunto coa Asociación de Autoescolas de Ourense para impulsar a implantación, na cidade, do ciclo formativo de Técnico Superior en Formación para a Mobilidade Segura e Sostible - Foto 3
O noso centro traballa xunto coa Asociación de Autoescolas de Ourense para impulsar a implantación, na cidade, do ciclo formativo de Técnico Superior en Formación para a Mobilidade Segura e Sostible - Foto 4


Mais noticias...