
Comezamos o curso con 22 alumn@s inscrit@s na modalidade DUAL
Facemos unha aposta decidida pola formación dual para a mellora da inserción laboral do alumnado de Comercio e Márketing.
Pechamos o período de matrícula con máis dunha vintena de alumnos e alumnas inscritas na modalidade dual, nas especialidades media e superior de Comercialización de Produtos Alimentarios e Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, ambas as dúas pertencentes á familia de Comercio e Márketing.
Un total de 22 alumnos e alumnas participan na Dual completa, cubrindo así un 70% das prazas ofertadas por convenio con empresas como Froiz e Gadis, ou Leroy Merlin, Sprinter, Arenal, Lidl, Pérez Rumbao e AD Regueira, entre outros.
O alumnado, que ata o mes de febreiro cursará os módulos de xeito presencial no centro educativo, incorporarase á empresa para a realización da formación no centro de traballo pola que percibirá, por ter condición de bolseiro, a remuneración proporcional correspondente ao tempo de permanencia na empresa e, será incluído no réxime da Seguridade Social.
Na empresa, o alumnado, desenvolverá de xeito práctico os seus estudos, mellorando así a súa empregabilidade e aumentando a súa experiencia laboral.
Máis información:
https://www.cifpportovello.gal/contenidos/368/fp-dual/