
“Animo a realizar unha FP Dual, xa que é unha verdadeira oportunidade laboral”
Deste xeito describe Diego, alumno de 2º curso FP Dual do Ciclo Medio de Comercialización de produtos alimentarios, a súa experiencia nun ciclo formativo na modalidade dual. Afirma tamén que “é unha oportunidade a nivel persoal, conseguindo unha titulación, mentres un mellora e aprende día a día”.
Diego está a realizar durante seis meses a formación práctica deste ciclo formativo en Froiz, tempo durante o cal recibe ademais unha beca mensual. No curso anterior, Diego tamén desfrutou dun período de seis meses de formación práctica na mesma empresa, recibindo igualmente a mesma remuneración. O máis seguro é que cando finalice o ciclo formativo en agosto, Diego teña a opción de incorporarse á empresa coma un traballador máis, e posiblemente na sección que máis lle gusta, carnicería.
“Gracias a la FP Dual encontré una actividad en la que aprendo mucho y tengo posibilidades de un trabajo estable”
Rossana, outra das nosas alumnas do 2º curso de FP Dual do Ciclo Medio de Comercialización de produtos alimentarios, dinos isto sobre a FP Dual. Rossana está a realizar a súa formación en Plenus, un dos supermercados da empresa ourensá Grupo Cuevas, que conta cunha gran número de establecementos, tanto na nosa provincia coma en toda Galicia.
A titora de Rossana en Plenus, figura importante na FP Dual para poder facer un seguimento axeitado do traballo realizado na empresa, asegura que Rossana terá tamén moitas posibilidades de incorporarse ao seu cadro de persoal unha vez remate o ciclo, e incluso facer carreira profesional a longo prazo en Grupo Cuevas.
“Ha resultado muy enriquecedor para nuestra empresa contar con una persona experta en marketing”
Esta é a opinión de Mary, responsable do centro de beleza Rocholl de Ourense, acerca do alumno do Ciclo Superior de Xestión de vendas e espazos comerciais que realizou o módulo de Formación en Centro de Traballo (FCT) na súa empresa. Mary tamén nos contou que Marco “nos ha ayudado a valorar en mayor medida la incorporación de este perfil a nuestro equipo, dada la gran aportación de ideas y resultados que puede implicar para nuestra compañía”.
Neste caso, a experiencia de Mary despois do paso dun alumno durante case tres meses pola súa empresa foi moi positiva, ao conseguir un perfil de traballador da familia profesional de márketing, un área na que a súa empresa non estaba especializada. Cursando este mesmo ciclo na modalidade dual, non soamente poderás facer prácticas durante máis tempo (seis meses por curso académico), senón que che permitirá recibir unha remuneración mensual por este tempo formativo na empresa. Seguramente que a experiencia de Mary con Marco na modalidade de FP Dual sería aínda moito máis satisfactoria.
Nos seguintes enlaces poderás acceder a máis información sobre o Ciclo Medio de Comercialización de produtos alimentarios e o Ciclo Superior de Xestión de vendas e espazos comerciais da modalidade de FP DUAL.
ÚLTIMAS PRAZAS!