
Presentación da oferta formativa do CIFP Portovello ó alumnado de secundaria
Pablo Rodríguez, orientador; Rubén Ansia, dinamizador de FP Dual e Víctor J. Domínguez, profesor do departamento de Comercio e Marketing, participaron nas presentacións dos ciclos de Formación Profesional realizadas no IES de Allariz, IES Lagoa de Antela (Xinzo) e IES Castro de Baronceli (Verín).
O alumnado dos últimos cursos da ESO e Bacharelato coñeceron as posibilidades formativas e de inserción laboral da oferta formativa no CIFP Portovello, destacando o ciclo superior de Asistencia a Dirección e a FP Dual. Profesorado e orientadores dos CIFP da Farixa e CIFP A Carballeira participaron nesta actividade.