Mobilidades Alumnado de Ciclo Medio e FP Básica 22-23
Segundo o establecido na resolución do 5 de agosto de 2022 da Consellería De Cultura, Educación, Formación Profesional E Universidades pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade para o alumnado e o persoal de ciclos formativos de grao medio e FP básica de centros educativos públicos que imparten formación profesional e que forman parte do consorcio de mobilidade que desenvolverá un proxecto KA102 con múltiples beneficiarios no marco do programa Erasmus+. Proxecto 2020-1-ES01-KA102-079982.
Tres modalidades de mobilidade internacional:
Mobilidades para a realización da FCT no período marzo - xuño de 2023
Beneficiarios: Alumnado matriculado para a realización da FCT en dito período. A persoa solicitante debe cumprir os requisitos establecidos na citada resolución
Duración: 79 días
Mobilidades para recen titulados
Beneficiarios: Alumnado que que acadara a súa titulación de grao medio ou FP Básica nos 12 meses anteriores ao fin da mobilidade (xuño 2023)
Duración: 100 días
Mobilidades para a realización parcial da FP Básica no período abril – maio 2023
Alumnado matriculado para a realización da FCT en dito período. A persoa solicitante debe cumprir os requisitos establecidos na citada resolución
Duración: 37 días
Importes das Axudas
Deberá sumarse o importe que corresponda para viaxe por distancia ao país de acollida, segundo as táboas do programa Erasmus+
Presentación das solicitudes
As persoas solicitantes que reúnan os requisitos para participar nesta convocatoria presentarán a solicitude normalizada, segundo o anexo desta resolución, no seu centro educativo, entre o día 20 e o 28 de outubro de 2022, na secretaría do centro
O día 9 de novembro o comité de selección publicará a listaxe provisional na que se recollerán as persoas beneficiarias seleccionadas, por orde de prelación e o alumnado excluído, segundo os criterios de baremación establecidos na resolución e o criterio complementario deste centro:
Presentación dun compromiso de acollida, valorado con 2 puntos. A entidade sinataria deste compromiso será avaliada pola propia comisión, segundo o criterio de idoneidade para a acollida de actividades formativas nos Centros de Traballo, da especialidade correspondente e segundo os criterios de calidade do programa erasmus+
O centro abrirá un prazo ata o día 20 de novembro, para a presentación de reclamacións por parte dos/as solicitantes.
Rematado o prazo de reclamacións, o día 21 de novembro a comisión de selección resolveraas e elaborará unha listaxe definitiva de solicitantes seleccionados e excluídos.
Á vista da documentación achegada polo centro a Dirección Xeral de Formación Profesional elaborará a correspondente proposta de adxudicación das axudas e enviaralla á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que resolverá o que proceda.
Máis información en
Despacho da Coordinación de programas internacionais do CIFP Portovello,
en horario de 9,30 á 12
988788920
programas.internacionais.cifp.portovello@edu.xunta.gal