
De Erasmus por Hungría! 🌍✈️
Os nosos compañeiros do Departamento de Comercio e Márketing, Segundo e Rubén, estiveron este mes de maio en Budapest (Hungría) participando nunha mobilidade Erasmus+ K121. Alí realizaron o curso “Game design teaching and learning”, onde recibiron formación práctica sobre a aprendizaxe baseada en xogos, a gamificación e as diferentes fases do deseño para estas actividades na aula. Esta mobilidade tamén lles permitiu compartir coñecementos con profesorado europeo 👩🏫👨🏫 e establecer contacto para posibles colaboracións futuras con empresas e centros de FP de países coma Malta, Polonia ou Rumanía.
A maiores, como non podía ser doutra forma, o noso profesorado aproveitou a viaxe para visitar os lugares máis emblemáticos da cidade de Budapest e tamén para coñecer o idioma húngaro, un dos máis complicados do mundo. De seguro que foi unha experiencia única! 📸
#Erasmus #KA121 #CIFPPortovello #Educación #FPGalicia #profesdeerasmus #Hungría #Budapest #Hungary #comercioemárketing