
Autonomía emocional na práctica docente 👩🏫💫
O profesorado do CIFP Portovello ven de participar na formación "Autonomía emocional na práctica docente: ferramentas prácticas". Xornadas dun gran aproveitamento tanto didáctico como humano no que aprendemos a xestionar situacións de estrés, mellorar o clima na aula e o benestar fomentando o autocoidado e a mellora do día a día. Graciñas a Lucía Fernández Coutado e a Creando Educación social por guiarnos durante estas xornadas. 💗