arriba
 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorO CIFP Portovello, finalista do programa Innovatech FP 🎊


Venres, 25-Abril-2025
O CIFP Portovello, finalista do programa Innovatech FP 🎊 - Foto

O CIFP Portovello, finalista do programa Innovatech FP 🎊

O programa Innovatech FP deu a coñecer aos finalistas da súa II edición para dar resposta aos retos formulados polas diferentes empresas, entre os que se atopa un equipo do CIFP Portovello. Alexandro, Chloe, Iván e Nadia, alumnado de 2º de Asistencia á Dirección idearon, para a empresa textil El Pulpo, a creación dunha novidosa plataforma dixital que fomente o intercambio, doazón e compravenda de roupa.
Os tres equipos finalistas foron convidados ás instalacións de El Pulpo en Bergondo (A Coruña), onde foron recibidos por María Canle (directora de Marketing) e José Antonio Chacón (fundador e presidente) e puideron coñecer o seu funcionamento e aclarar cuestións relativas ao reto formulado. Agora, co apoio do Centro Galego de Innovación da FP, deberán converter as ideais iniciais en proxectos para poder ser escollidos entre os 3 finalistas e así obter a financiación necesaria para facer realidade as solucións propostas.
Parabéns e moita sorte na final! 🍀💪


O CIFP Portovello, finalista do programa Innovatech FP 🎊 - Foto 2
O CIFP Portovello, finalista do programa Innovatech FP 🎊 - Foto 3
O CIFP Portovello, finalista do programa Innovatech FP 🎊 - Foto 4
O CIFP Portovello, finalista do programa Innovatech FP 🎊 - Foto 5


Mais noticias...