
O alumnado de 1º de FPBásica de Servizos Comerciais visita o concesionario de Apersa
A través do programa EduTecEmprende o alumnado de 1º de FPBásica de Servizos Comerciais visitou esta mañá o concesionario de #Apersa do grupo Pérez Rumbao. O alumnado tivo a oprtunidade de coñecer un pouquiño máis de como funciona o sector da automoción. Marcos, o responsable do equipo, falounos sobre a importancia do merchandising no concesionario e o interesante programa de acollida de alumnado en prácticas que desenvolven, entre outros temas.
Unha experiencia enriquecedora que conecta a formación coa realidade profesional. ¡Gracias por abrirnos as portas!