arriba
 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorDía Europeo da Información Xuvenil


Xoves, 10-Abril-2025
Día Europeo da Información Xuvenil - Foto

Día Europeo da Información Xuvenil

📢 Con motivo do Día Europeo da Información Xuvenil, que se celebra o 17 de abril, o alumnado do ciclo de Animación Sociocultural e Turística do CIFP Portovello, participante no programa Correspondentes Xuvenís, realizou un importante traballo de tradución e adaptación ao galego dos materiais da campaña #EYID25 – #OwnTheAI, promovida pola Axencia Europea de Información e Asesoramento Xuvenil (ERYICA).
🧠 A campaña céntrase no impacto da intelixencia artificial na vida da mocidade e propón actividades para reflexionar e actuar:
🔹 IA: parte boa, parte mala
🔹 #Domino_a_IA
🔹 Dossier “Preparados, listos, IA” con ferramentas prácticas para quen traballa coa mocidade

📦 Este material está a ser difundido desde a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado a todos os Centros de Información Xuvenil de Galicia, ás entidades que forman parte do programa Correspondentes Xuvenís, así como a outros centros educativos que imparten Animación Sociocultural.
📲 Un recurso útil, creativo e necesario para reflexionar sobre como a IA transforma a forma de informarnos, expresarnos e comunicarnos.
📌 Máis información en https://www.eryica.org/european-youth-information-day
Segue a campaña en:
📸 Instagram: @_eryica
📘 Facebook: @Eryica

#CIFPPortovello #FPGalicia #EYID25 #OwnTheAI #Domino_a_IA #portovelloinfo #Eryica #correspondentesxuvenís #animaciónsosciocultural


Día Europeo da Información Xuvenil - Foto 2
Día Europeo da Información Xuvenil - Foto 3
Día Europeo da Información Xuvenil - Foto 4
Día Europeo da Información Xuvenil - Foto 5


Mais noticias...