
Unha visita a adega de Paco e Lola, o viño dos lunares
O grupo de 1º do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais achegouse ata a comarca do Salnés, para visitar a adega de Paco e Lola e analizar a nova campaña de márketing polo seu XX aniversario. Esta empresa caracterízase por ser unha adega xove e moderna, comprometida cunha forma de facer e de experimentar o viño diferente. De seguro que foi unha experiencia proveitosa!