
Un obradoiro moi primaveral
O CIFP Portovello ven de participar na 1ª Feira Educativa en Expourense onde, ademáis de promocionar o proxecto premiado de selección virtual de persoal, desenvolveuse un obradoiro de escaparatismo onde o público visitante puido crear flores de papel e experimentar coa decoración comercial primaveral. A actividade permitiu achegar, dunha forma lúdica e práctica, o mundo do deseño de espazos comerciais a pequenos e maiores.
💐 Grazas a todas as persoas que vos animastes a participar e deixastes voar a vosa creatividade!
🎨 Pequenos detalles que enchen escaparates de primavera 🌷