
📢 Participamos na 1ª Feira Educativa en Expourense, un espazo de innovación e colaboración educativa.
O CIFP Portovello está a participar estes días na 1ª Feira Educativa en Expourense, a cal se está a desenvolver durante o 2 e 3 de abril. O noso centro está a promocionar os seus talleres de escaparatismo e o proxecto premiado de selección virtual de persoal. Este evento ten a finalidade de promover o intercambio de experiencias, a aprendizaxe colaborativa e o fortalecemento das relacións entre os distintos niveis educativos e entre alumnado centros, profesorado, dirección e outras persoas expertas vinculados ao sector.👩🏫
A feira, organizada pola Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense, conta coa colaboración do Centro de Formación e Recursos de Ourense e o Centro Galego da Innovación da FP Eduardo Barreiros.
Este encontro pon en valor o labor transformadora dos centros educativos da provincia de Ourense a través da exposición de proxectos innovadores que demostran a aposta pola calidade, a creatividade e a renovación pedagóxica. Estas iniciativas reflicten a capacidade dos centros para adaptarse aos retos do século XXI, integrando metodoloxías activas, tecnoloxías emerxentes e enfoques orientados á sustentabilidade e ao benestar.🤩