arriba
 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorO CIFP Portovello en Ponte nas Ondas


Luns, 31-Marzo-2025
O CIFP Portovello en Ponte nas Ondas - Foto

O CIFP Portovello en Ponte nas Ondas

O alumnado do ciclo de Animación Sociocultural e Turística, dentro das actividades da Biblioteca "Blanco Amor" do CIFP Portovello, participou na emisión en directo 🎤🎤 do programa especial polo 30 aniversario de Ponte nas Ondas, desde a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo (Campus de Ourense).
Nesta ocasión tan especial, achegamos unha mostra do noso proxecto de dinamización do patrimonio inmaterial: "O centro de interpretación do xogo tradicional", a nosa Xogoteca. A través dunha presentación radiofónica con demostracións en directo, compartimos co público escolar a importancia de xogar, aprender e valorar o noso patrimonio cultural.
Grazas á organización de Ponte nas Ondas por contar connosco neste aniversario tan simbólico. Seguimos tecendo pontes entre educación, cultura e comunidade 💚


O CIFP Portovello en Ponte nas Ondas - Foto 2
O CIFP Portovello en Ponte nas Ondas - Foto 3


Mais noticias...