
Visitamos o Centro de Supercomputación de Galicia en Santiago!
O grupo de 1º de Ciclo Medio de Xestión Administrativa achegouse a Santiago de Compostela para visitar o Centro de Supercomputación de Galicia onde puideron ver, entre outros, un ordenador cuántico experimental 🖥️, onde se procesan os datos de Meteogalicia para a predición do tempo 🌝☔e onde se almacena o xenoma dos pacientes galegos. Non podía faltar tamén unha paseo polo casco vello da cidade e unha visita a súa fermosa catedral! 🔝🔝