arriba
 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorO alumnado de 2º de Administración e Finanzas achegouse a Vigo para ...


Luns, 27-Xaneiro-2025
O alumnado de 2º de Administración e Finanzas achegouse a Vigo para coñecer a súa Zona Franca e a Autoridade Portuaria - Foto

O alumnado de 2º de Administración e Finanzas achegouse a Vigo para coñecer a súa Zona Franca e a Autoridade Portuaria

O alumnado de 2º de Administración e Finanzas do CIFP Portovello achegouse a Vigo para coñecer a súa Zona Franca e a Autoridade Portuaria. Alí, puideron disfrutar dunha visita moi entretida e cunha gran acollida por parte dos anfitrions. A súa visita comezou no Porto, onde visitaron a lonxa de pescado fresco, o Tinglado, e a zona de carga e descarga tanto de granel coma de contedores. Na zona de Bouzas, o alumnado puido contemplar onde os operarios cargan os buques Ro Ro cos coches de Stellantis. Máis tarde, xa na Zona Franca, tiveron a oportunidade de coñecer a súa historia, os seus obxectivos e o seu funcionamento. Unha visita completiña, graciñas polo voso acollemento!


O alumnado de 2º de Administración e Finanzas achegouse a Vigo para coñecer a súa Zona Franca e a Autoridade Portuaria - Foto 2
O alumnado de 2º de Administración e Finanzas achegouse a Vigo para coñecer a súa Zona Franca e a Autoridade Portuaria - Foto 3
O alumnado de 2º de Administración e Finanzas achegouse a Vigo para coñecer a súa Zona Franca e a Autoridade Portuaria - Foto 4


Mais noticias...