
Preparando o Elevator Pitch! ✏️📒
O grupo de 2º do ciclo medio de Actividades Comerciais ven de participar na actividade do Elevator Pitch, programada pola Coordinación de #Emprendemento do CIFP Portovello. Esta actividade inclúese dentro do programa Aprendendo a Emprender que se desenvolve en colaboración coa Asociación de Jóvenes Empresarios de #Ourense. Alí puideron poñer en prácticas as súas habilidades de comunicación para facer o seu Elevator Pitch, un discurso axil, rápido e impactante para namorar 💘 ao seu/súa receptor/a.