
Hoxe tiveron lugar as probas de certificación de inglés do Trinity College London no CIFP Portovello!
As certificacións de inglés do Trinity College London están calibradas co Marco Común Europeo de Referencia (MCER), polo que os seus niveis están certificados internacionalmente e son recoñecidos a nivel mundial por universidades, autoridades educativas e organizacións comerciais. De seguro que as novas habilidades lingüísticas adquiridas polo noso alumnado lles serán de axuda no seu futuro!