
Acompañamento en Centros de Persoas Maiores a través das ferramentas: ACP, Reminiscencia e Validación
No mes de abril, ao longo de 7 sesións, estase a desenvolver no noso centro unha actividade de formación dirixida a profesorado e alumnado do departamento de Servizos ( Animación Sociocultural e Turística, Integración Social e Atención a Persoas en situación de dependencia)
Vincore Cooperativa. Formadores certificados en Reminiscencia por ERN (European Reminiscence Network) e o Método de Validación por VTI (Validation Training Institute) fan un achegamento teórico-práctico as ferramentas que favorecen a creación do vínculo coa persoa maior na procura do seu benestar: Acompañamento Centrado na Persoa, Reminiscencia e Validación.








