
Aula de Tecnoloxía Aplicada para eCommerce B2C Portovello
A proxecto xorde no marco da “Resolución do 5 de abril de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se convoca o programa Espazos de tecnoloxía aplicada para a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada na formación profesional en centros integrados de formación profesional dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o ano 2021”
Este Programa está cofinanciado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional no marco do Programa de Cooperación Territorial: Plan de Formación Profesional para o Crecemento Económico e Social e a Empregabilidade, e pola Unión Europea - NextGenerationEU.
No curso 2021-2022 dótase ao centro da aula de tecnoloxía aplicada ao E-Commerce e durante o curso 2022-2023 comeza a ser utilizada polo profesorado das familias de Comercio e Marketing e Administración e Xestión.
A aula permite que o proceso de ensino-aprendizaxe se desenvolva dun xeito eminentemente práctico, e está dotada de tecnoloxía punta para poder traballar en tódolos eidos, dende xestión do produto ata a súa venda online.
O CIFP Portovello conta cun software propio que integra as fases polas que pasa o produto dende o fotografiado e subida á páxina web ata a análise da satisfacción unha vez recibido polo cliente final.
Localizada na planta soto do centro, conta con espazos diferenciados para:
• Área de fotografía de produto e impresión 3D
• Área de creación de páxinas web
• Área de xestión comercial
• Área de tecnoloxía aplicada á xestión do almacén
• Área de xestión da propia Aula de Tecnoloxía Aplicada
A Aula de Tecnoloxía Aplicada está sendo utilizada polo profesorado da familia de Comercio e Marketing e a familia de Administración e Xestión, e tamén está dispoñible para ser empregada pola familia de Servizos Socioculturais e á Comunidade.












