
Proxecto de Formación: Aplicacións dixitais para a creación de materiais profesionais en galego
Proxecto seleccionado na convocatoria de proxectos de formación do profesorado de formación profesional que se van implantar no curso 2022-2023
Solicitado e desenvolvido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CIFP Portovello
Duración: 30 horas
A finalidade deste proxecto é responder a necesidade de formación dixital do profesorado e do alumnado e a de fomentar a innovación didáctica nos módulos das familias profesionais do noso centro, co obxectivo de implantar metodoloxías de ensino aprendizaxe e de creación de recursos didácticos baseados en aplicacións informáticas e en lingua galega.