
“Voces violetas”. Mostra da colección feminista da Biblioteca Blanco Amor.
Durante este mes de novembro estivemos a preparar unha mostra cos fondos bibliográficos dos que dispoñemos na nosa biblioteca para conmemorar o 25 de novembro, día de repulsa contra a violencia de xénero.
Nela amosamos algunhas obras que permiten reflexionar, aprender e incluso nos poden conmover, pero que son unha ferramenta útil para combater esta lacra e camiñar cara a igualdade.
Temos que agradecer a colaboración voluntaria na decoración da exposición dun grupo de alumando de 1º do CMAPSD.










