
Experiencia de colaboración
Persoas de referencia: Manuel Domínguez Cuquejo profesor do departamento de FOL e Víctor Domínguez Baños profesor do departamento de Comercio e Márketing.
Alumnado implicado: alumnado de segundo ano do ciclo superior de Educación Infantil B (Empresa e Iniciativa Emprendedora) e alumnado do ciclo medio de Actividades Comerciais (Venda Técnica)
Neste experiencia de colaboración o alumnado de Educación Infantil presenta o seu proxecto de empresa ao alumnado de Actividades Comerciais quen o asesora sobre estratexias de marketing e técnicas de venda. A actividade desenvolveuse neste primeiro trimestre do curso.
Non só se trata dunha actividade de colaboración entre ciclos de diferentes familias profesionais e graos, senón tamén entre alumnado e profesorado do edificio A e do edificio B do noso centro.
Que aprende o alumnado de Actividades Comerciais con esta experiencia?
- Coñecer proxectos de empresas do ámbito social.
- Achegarse ao perfil profesional do/a técnico superior da Educación Infantil.
- Colaborar con profesionais doutros sectores.
Que aprende o alumnado de Educación Infantil con esta experiencia?
- Coñecer estratexias de marketing para os seus proxectos empresariais.
- Achegarse ao perfil profesional do/a técnico de Actividades Comerciais.
- Deseñar o marketing da súa empresa.
- Colaborar con profesionais doutros sectores.










