arriba
 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorO alumnado de segundo curso poderá rematar os seus estudos na modali...


Venres, 14-Outubro-2022
O alumnado de segundo curso poderá rematar os seus estudos na modalidade Dual - Foto

O alumnado de segundo curso poderá rematar os seus estudos na modalidade Dual

A FP Dual ordinaria, para alumnado que estea en segundo curso, constitúe unha oportunidade de rematar os seus estudos na empresa e a posibilidade de inserción laboral inmediata.
A FP Dual ordinaria ou de segundo curso alterna a actividade formativa no centro educativo coa actividade profesional na empresa durante o último período do segundo curso, isto é, dende xaneiro ata xuño.
O alumnado maior de 18 anos que estea matriculado en segundo curso, con boa actitude para o traballo, madureza e motivación poderá rematar os seus estudos na modalidade dual.
Dende xaneiro a xuño o alumnado asignado desenvolverá de xeito práctico, na empresa, o currículo da súa especialidade, entrando en contacto co mundo real da empresa, mellorando as súas competencias profesionais, adquirindo experiencia laboral e mellorando as súas posibilidades de inserción laboral. Ademais este alumnado será incorporado ao réxime xeral da Seguridade Social e percibirá unha remuneración mínima do 50% do Salario Mínimo Interprofesional, que se corresponde co tempo de traballo efectivo da empresa.
Se es alumno/a do CIFP Portovello, estás en segundo curso e queres participar na dual, pide información na oficina de Emprendemento e Dual, no primeiro andar do edificio A.

Máis información: 

FP Dual CIFP Portovello

FP Dual Galicia



Mais noticias...