
1ª EDICIÓN CONCURSO FOLPLAY
Ao longo do mes de maio celebrarase no noso Centro a 1ª edición do Concurso FOLPLAY no que participará todo o alumnado dos 1ºs cursos dos ciclos de réxime ordinario, a través de 4 representantes escollidos en cada grupo. Con esta actividade pretendemos fomentar a gamificación, o espírito de traballo en equipo e a revisión dos contidos do módulo de fol desde un punto de vista lúdico así como incrementar a interrelación entre o alumnado dos dous edificios.
Constará de 3 roldas eliminatorias:
- Nas 2 primeiras o alumnado enfrontaranse a través da aplicación Kahoot.
- Na rolda final, os 3 finalistas, xogarán un panel a través da aplicación "Flippity Quiz Show".
Todos os finalistas recibirán un regalo pola súa boa clasificación e o equipo gañador recibirá unha cesta con agasallos para todo o grupo.
Podedes consultar as bases a continuación.
Esperamos que o disfrutedes e boa sorte!








