arriba
 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorDÍA DA ILUSTRACIÓN


Luns, 31-Xaneiro-2022
DÍA DA ILUSTRACIÓN - Foto

DÍA DA ILUSTRACIÓN

O Día da Ilustración celébrase o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, para lembrar e reivindicar o papel dos/das profesionais da ilustración na industria cultural. Cada ano é homenaxeada unha ilustradora ou ilustrador histórico galego. O protagonista deste ano é Reimundo Patiño.

Poderás coñecer a súa sorprendente obra accedendo ao vídeo difundido pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).

Esta semana, para celebrar a data, poderás gozar da exposición na biblioteca de dúas coleccións:
- Ilustración desde Ourense.
- Ilustradoras na banda deseñada.

Achégate á biblioteca e "ilústrate"!



Mais noticias...