
Actividades Letras Galegas 2021
Con motivo do Día das Letras Galegas, o EDLG organiza dúas actividades:
A primeira delas titúlase “As letras de Xela Arias” e con ela pretendemos coñecer algúns do seus poemas e tamén curiosidades da autora e da súa obra. Esta actividade estará dispoñible durante unha semana nos dous edificios (do 11 ao 18 de maio).
A segunda actividade consiste na lectura dalgúns dos poemas de Xela Arias ou creacións propias e nun obradoiro de baile tradicional. Esta actividade desenvolverase o martes 18 de maio e precísase inscrición por mor da pandemia. Neste senso, aclaramos que ese día haberá clase habitual para o alumnado que non se inscriba nas actividades. Previsiblemente, desenvolveranse nas últimas horas da mañá. Avisaremos das quendas unha vez rematado o prazo de inscrición.
Ademáis, este mércores ás 12 horas, o EDLG vai facer un directo a través de Twitch coa CRTVG e con Esther do programa #DígochoEu. Participará o alumnado do EDLG do CIFP Portovello contará a súa experiencia. Animámosvos a seguir o directo a través de twitch.tv/crtvg e a facer preguntas polo chat.
Achegamos toda a información do contido das actividades no documento adxunto.