DISTRIBUCIÓN DOS GRUPOS para o CURSO 2020/21
Debido ás restriccións impostas pola situación sanitaria e ás novas instruccións da Consellería de Educación, a distribución das ensinanzas no noso centro quedaría da seguinte forma:
.- C.S. de Educación Infantil: os grupos A acudirán na quenda de tarde e os grupos B na quenda de mañá.
.- C.S. de Administración e Finanzas: os grupos A acudirán na quenda de mañá e os grupos B na quenda de tarde.
Para a distribución do alumnado nos grupos de 1º destes Ciclos: comezarán 1ºA polos alumnos/as con apelido "S". (segundo a letra sorteada a principio de ano pola Consellería de Facenda). Os grupos de 2º quedarían distribuídos como no curso pasado.
.- Resto de ensinanzas: no seu horario habitual. (haberá grupos que polo seu número de matrículados/as deberán optar pola semipresencialidade rotatoria. Comunicarase o día da presentación como se organiza en cada grupo concreto).
O próximo luns pola mañá farase público o calendario de presentacións onde se indicarán as datas e horas concretas, así como as aulas onde se realizarán as xornadas de presentación.







