arriba
 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorProbas libres para a obtención de títulos FP LOE. Curso 2019-2020 (M...


Venres, 29-Maio-2020
Probas libres para a obtención de títulos FP LOE. Curso 2019-2020 (Matrícula entre o 1 e o 12 de xuño) - Foto

Probas libres para a obtención de títulos FP LOE. Curso 2019-2020 (Matrícula entre o 1 e o 12 de xuño)

Publicada a Resolución do 29 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas para o desenvolvemento da convocatoria do curso 2019-2020 das probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

A Resolución establece as datas do período de solicitudes de matrícula para as probas libres de títulos LOE de formación profesional e as datas para a celebración das probas.

O periodo de matrícula será entre o vindeiro 1 e 12 de xuño.

As probas realizarse na primeira quincena de setembro.

Para máis información:

Resolución do 29 de maio de 2020

Máis información sobre a convocatoria actual



Mais noticias...