arriba
 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorVisita á adega Paco&Lola 💗🥂


Luns, 27-Abril-2026
Visita á adega Paco&Lola  💗🥂 - Foto

Visita á adega Paco&Lola 💗🥂

O grupo de 1º de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais achegouse ata a bodega Paco&Lola para coñecer de preto a súa labor. Alí foron recibidos por Adrián e Sandra, dos departamentos de Enoturismo e Márketing, uns anfitrións xeniais cos que realizaron unha ruta pola adega para explicar o proceso de elaboración do viño🍷. Ao rematar, puideron realizar unha cata de diversos produtos, incluido un novo viño sen alcol, e ter un espazo para falar de márketing analizando as súas campañas, etiquetas e promocións. Unha xornada moi amena! Graciñas pola vosa acollida 💗🥂


Visita á adega Paco&Lola  💗🥂 - Foto 2
Visita á adega Paco&Lola  💗🥂 - Foto 3
Visita á adega Paco&Lola  💗🥂 - Foto 4


Mais noticias...