
Xa temos preparado o "stand" para o FP Innova 2026!
🔊 Xa temos preparado o "stand" para o FP Innova 2026 que se celebrará no Museo Centro Gaiás en Santiago de Compostela do 22 ao 24 de abril!
O proxecto "Nos_ solucións sen fronteiras" ofrece unha consultoría integral para persoas migrantes, que combina a xestión de trámites esenciais e seguros personalizados, aforrando tempo, achegando seguridade e acompañamento no proceso de integración. Este proxecto de Annes Anyela Elizaldes Colmenares, alumna do #CIFPPortovello, atópase dentro do programa "Rede Galega de Viveiros de Empresas".
Parabéns pola iniciativa! 💗









