
Emprendemento e creatividade: o alumnado de administración e finanzas toma a palabra
O alumnado de 1° de Administración e Finanzas ven de presentar os seus proxectos para o módulo de Comunicación e Atención á Clientela 👩🏫. Un reto integral onde tiveron que desenvolver a súa idea de negocio, a cultura e identidade corporativa da empresa e tamén a súa identidade dixital a través das súas propias webs. 🌐
A exposición pública ante os seus compañeiros e compañeiras foi o broche de ouro a semanas de traballo duro, creatividade e visión estratéxica. Parabéns a todos e todas polo voso compromiso! 👏🩷
















