
Accións de información e orientación profesional
O Departamento de Información e Orientación Profesional do CIFP Portovello continúa a realizar a súa labor na contorna. Entre estas accións atópanse a presentación da nosa oferta de Formación Profesional, como a realizada na III Feira de Emprendemento do IES San Mamede de Maceda. Alí, destacáronse as oportunidades da Formación Profesional promovendo a continuidade educativa e proxectos comunitarios para o alumnado. Acompañaron na presentación outros centros de Formación Profesional da Provincia.







