
Información e Orientación Profesional
O Departamento de Orientación do CIFP Portovello asistiu o pasado mes de febreiro á Feira de Estudos Superiores do Colexio Marista Santa María na cidade de Ourense para explicar a nova FORMACIÓN PROFESIONAL de GALICIA e presentar a oferta educativa do centro. No encontro participaron tamén entidades universitarias públicas e privadas do panorama nacional e do estranxeiro.







