
Exames de acreditación de inglés con Oxford University Press
O alumnado do noso centro realizou a semana pasada os exames de acreditación oficial de inglés en colaboración con Oxford University Press, a través do Oxford Test of English, unha proba recoñecida internacionalmente e alineada co Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER).
Dende o centro felicitamos a todo o alumnado participante polo seu esforzo e compromiso, e continuaremos impulsando iniciativas que favorezan a aprendizaxe de idiomas e a obtención de certificacións oficiais 🩷










