
Concurso de creación dun logotipo
O alumnado de 1º do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais puxo en marcha a súa creatividade💡e os coñecementos en identidade corporativa adquiridos durante este curso nun concurso para a creación dun logotipo non oficial para o CIFP Portovello. Un tribunal, formado por representantes de dirección, alumnado e profesorado do centro serán quenes decidan quenes se levan o 🥇 primeiro premio. De seguro que non será unha fácil decisión. Proximamente contarémosvos quen foi o equipo gañador. Moita sorte a todas as persoas participantes! 🍀🍀
















