
Acreditación de competencias dixitais do alumnado
Achegamos a ligazón á publicación da Resolución do 23 de febreiro de 2026 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de formación profesional e outras ensinanzas na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2025-2026.
👉https://www.edu.xunta.gal/portal/node/49143
Neste ano realízase convocatoria para as probas de acreditación de competencias da área do dominio 4 do nivel Intermedio, estando dirixida ao alumnado que vaia a obter o título de ciclo medio ou fp básica este curso 2025-26 (ao alumnado de ciclo superior dáselle de oficio). O alumnado interesado pode xa realizar a súa solicitude no centro ata o 16 de marzo.
As persoas interesadas deberán cubrir a solicitude que aparece no anexo I ao final da resolución que se achega nesta mensaxe e entregala en Secretaría. A proba realizarase nas datas e horarios que se establezan. As características das probas poden atoparse nesta mesma resolución, así coma toda a información relativa a este proceso.








