arriba
 

 
PortadaseparatorNoticias-Novedadesseparator🗞️🗞️1º Encontro de 1º ISO con Provivie...


Mércores, 25-Febreiro-2026
🗞️🗞️1º Encontro de 1º ISO con Provivienda – Proxecto Intermodular - Foto

🗞️🗞️1º Encontro de 1º ISO con Provivienda – Proxecto Intermodular

Este venres 27 de febreiro, o alumnado de 1º de Integración Social do CIFP Portovello participará nun encontro na sede de @provivienda_ en Ourense, como parte do proxecto intermodular que desenvolven no marco do programa Buxaina.
A actividade forma parte dun proxecto de aprendizaxe-servizo, no que o alumnado deseña propostas sociais reais, baseadas nas necesidades detectadas pola entidade. Neste encontro, compartirán as súas primeiras ideas e recibirán orientación profesional para seguir avanzando no deseño de intervencións que se porán en práctica no terceiro trimestre.
Un paso importante para aprender desde a realidade, con responsabilidade e mirada crítica🧡.



Mais noticias...