
Homenaxe a Rosalía de Castro polo seu día
Con motivo do día de Rosalía de Castro, este 23 de febreiro, o Equipo de Dinamización Linguística Galega do CIFP Portovello ten previstas varias actividades para homenaxeala durante estes días. Deixámosvos o cartel informativo coas actividades e tamén unha foto da Exposición que se pode ver no Edificio B.








