arriba
 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorO alumnado de 1º de Actividades Comerciais visita as instalacións de...


Venres, 20-Febreiro-2026
O alumnado de 1º de Actividades Comerciais visita as instalacións de Cuevas - Foto

O alumnado de 1º de Actividades Comerciais visita as instalacións de Cuevas

O alumnado de 1º do Ciclo Medio de Actividades Comerciais realizou unha visita formativa ás instalacións de Grupo Cuevas, unha das empresas de referencia no sector da alimentación na nosa comunidade.
Durante a xornada, Marta Cid, responsable da área de márketing do grupo empresarial, ofreceu unha presentación sobre a compañía, a súa evolución e o seu posicionamento no mercado. Ademais, impartiu unha interesante sesión centrada na distribución no sector da alimentación, achegando ao alumnado á realidade profesional e aos retos loxísticos deste ámbito.
Tras a charla, o grupo tivo a oportunidade de visitar a plataforma loxística, onde puido coñecer de primeira man o complexo proceso de abastecemento que permite fornecer produtos aos máis de 150 puntos de distribución do grupo empresarial. Esta experiencia permitiu ao alumnado comprender a importancia da planificación, a coordinación e a eficiencia na cadea de subministración.
Esta acción formativa encádrase dentro do proceso de formación do módulo “Marketing na actividade comercial”, permitindo ao alumnado complementar os contidos traballados na aula cunha experiencia directa nunha contorna empresarial real.
Sen dúbida, tratouse dunha actividade moi enriquecedora que complementa a formación teórica na aula e achega ao alumnado á contorna empresarial real.


O alumnado de 1º de Actividades Comerciais visita as instalacións de Cuevas - Foto 2
O alumnado de 1º de Actividades Comerciais visita as instalacións de Cuevas - Foto 3


Mais noticias...