
Visita ao TSX e á exposición de Annie Leibovitz
O alumnado de 1º do Ciclo Superior de Asistencia a Dirección e de 1º do Ciclo Medio de Actividades Comerciais viviu unha xornada diferente e moi inspiradora en A Coruña.
👉Pola mañá visitou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia 👩⚖️, onde puideron coñecer de primeira man como funciona a xustiza, cal é o seu papel na sociedade e descubrir a historia dun dos edificios máis emblemáticos da cidade. Unha oportunidade única para entender o que hai detrás das institucións que nos rodean.
👉Xa pola tarde, mergulláronse no universo creativo coa exposición Wonderland da fotógrafa estadounidense Annie Leibovitz. Ademais da visita, o alumnado participou nun taller fotográfico 📸 nun entorno de estudo profesional, experimentando coa linguaxe visual e dando forma ás súas propias ideas a través da imaxe.
Aprender tamén é saír da aula, observar, preguntar e crear. 🤩









