
“The Mother”, un scape room educativo en Ribadavia
O alumnado de 2º dos ciclos superiores de Animación Sociocultural e Turística e Xestión de Vendas e Espazos Comerciais participaron en “The Mother”, un scape room educativo en Ribadavia, inspirado na historia das irmás Touza.
A través do xogo, descubriron unha historia de valentía, solidaridade e memoria histórica, poñendo en valor a aprendizaxe activa e a animación sociocultural como ferramentas de transformación social. Unha experiencia creativa e comprometida que conecta formación, cultura e territorio 🤩












