
Doazón de sangue
A vindeira semana estará a unidade móbil de doazón de sangue no CIFP Portovello para a participación voluntaria de maiores de 18 anos. O mércores 11 estará no Edificio A e o xoves 12 no Edificio B. Para participar dun xeito organizado haberá unha quenda tendo de referencia o grupo ao que pertences. Bótalle un ollo 👁️ aos horarios do teu grupo. Grazas por colaborar! ❤️🩸











