
Mercadiño solidario
Compartimos hoxe, unha gran iniciativa solidaria 💡💗promovida por Gabriel, uns dos nosos alumnos de 2º de Integración Social. Contando coa colaboración de alumnado e de profesorado do centro, levouse a cabo un mercadiño durante os días 17, 18 e 19 de decembro no #CIFPPortovello. Recolleron artigos de segunda man baixo criterios da economía circular 🌍 e grazas á implicación do alumnado e do profesorado, recadáronse 216 €, que irán destinados á ONG para apoiar ás persoas afectadas pola DANA en Valencia, especialmente no ámbito rural💞
Deixamos ligazón da ong Mundubat: https://www.mundubat.org/









