arriba
 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorVisita ao Porto de Vigo


Venres, 9-Xaneiro-2026
Visita ao Porto de Vigo - Foto

Visita ao Porto de Vigo

O alumnado dos ciclos superiores de Transporte e Loxística e de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais visitaron o Porto de Vigo. Acompañados dun representante da Autoridade Portuaria, profundizaron no módulo de Comercialización mediante o seu percorrido polos seguintes espazos:
‌A lonxa de pescado, coñecendo o seu sistema de prezos (subasta inversa ou holandesa) e a loxística de transporte e entrega.
‌O silo de vehículos, onde se viu a carga RO-RO en buques de máis de 10 cubertas e 10.000 plazas.
‌E a terminal de contedores, onde a coordinación loxística é a clave coas famosas 🏗️ Panamax en funcionamento en buques que, por termos de tempo e custe, deben ser cargados en horas.


Visita ao Porto de Vigo - Foto 2
Visita ao Porto de Vigo - Foto 3


Mais noticias...