arriba
 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorVisita internacional no noso centro!rn


Martes, 9-Decembro-2025
Visita internacional no noso centro!rn - Foto

Visita internacional no noso centro!rn

Fai uns días tivemos o pracer de recibir a cinco estudantes de Formación Profesional da área de Administración de Empresas e dúas profesoras do centro Ján Antonín Bat"a Secondary Vocational School (Eslovaquia).
Esta visita forma parte dun proxecto conxunto co IES Chamoso Lamas de O Carballiño, dentro do programa Erasmus+, que promove a cooperación e o intercambio cultural entre centros europeos.
Durante a xornada, puideron coñecer o sistema educativo da FP en España, compartir experiencias e establecer contacto co noso alumnado e profesorado da familia profesional de Administración e Xestión.
Estamos encantados de acollelos e de seguir construíndo pontes que unen persoas e coñecementos!



Mais noticias...