
Investigación de Mercados, 8ª edición.
Hai uns días o alumnado de 1º curso do Ciclo Medio de Actividades Comerciais levou a cabo a enquisa correspondente á 8.ª edición da Investigación de Mercados entre o alumnado do CIFP Portovello.
Coma nas anteriores edicións, as preguntas do cuestionario centráronse nos hábitos de consumo e os estilos de vida, co obxectivo de obter información actualizada e útil para a súa posterior análise dentro do módulo de Marketing na actividade comercial.
Queremos expresar o noso agradecemento ao alumnado e profesorado, cuxa colaboración e apoio fixeron posible o correcto desenvolvemento desta actividade🩵








